Cookies

Última actualización: 21 de outubro de 2026 (versión do aviso: 2026-10-03; engade as cookies de OpenAI da páxina dos anuncios en ChatGPT)

Unha cookie é un pequeno ficheiro que unha web garda no voso navegador para lembrar algo a próxima vez. meceluna.com usa só unha, e só se a aceptades. A excepción é a páxina á que levan os nosos anuncios en ChatGPT (meceluna.com/chatgpt): aí, se aceptades, tamén se gardan dúas de OpenAI, para saber se o anuncio serve. No resto da web non hai cookies de anuncios nin doutras webs, e as letras e o resto da páxina sérvense desde aquí, así que tampouco pasan por Google.

O que se garda no voso navegador

ph_…_posthog (cookie e almacenamento local)
Só se aceptades. Un código ao chou para saber se volvedes outro día e así contar persoas, non só visitas. É de meceluna.com: pónaa PostHog, que mide as visitas por nós. Dura un ano.
__oppref e __obref (cookies, só en meceluna.com/chatgpt)
Só se aceptades. Póñenas OpenAI: a primeira lembra que chegastes polo seu anuncio (dura 30 días) e a segunda é un código ao chou deste navegador (dura un ano). Serven para que OpenAI conte se o seu anuncio vos trouxo e se tocastes «Descargar».
__oaiq_consent (cookie, só en meceluna.com/chatgpt)
Se rexeitades, garda ese «non» para que OpenAI non mida nada. Técnica; dura ata que a borredes.
__ph_opt_in_out_… (almacenamento local)
A vosa resposta ao aviso, para non vos preguntar en cada páxina. É técnica e non precisa permiso. Dura ata que a borredes.
mec_consent (almacenamento local)
A data e a versión do aviso que contestastes, para volver preguntarvos ao ano ou se cambia o que pedimos. Técnica; dura ata que a borredes.

Se a rexeitades

A web funciona exactamente igual. A visita cóntase sen cookies: PostHog calcula no seu servidor unha pegada co enderezo de internet e o navegador, mesturados cun valor que cambia cada día, e non garda nin o enderezo nin a pegada do día anterior. Así cóntanse as visitas de cada día sen poder saber quen sodes nin seguirvos dun día a outro. Se non contestades ao aviso, non se conta nada.

Que se mide e quen o recibe

Que páxinas se ven, canto tempo e ata onde se len, de que web chegades, que ligazóns e botóns se tocan (como «Descargar» ou o dunha tenda, sen o enderezo completo), se se acepta ou non a cookie, o que tarda en cargar cada páxina (as Core Web Vitals de Google), o tipo de dispositivo e o navegador. Recíbeo PostHog (empresa dos EE. UU., cos datos na Unión Europea, en Fráncfort) como encargado noso, cun contrato que lle impide usalos para outra cousa. A IP non se garda. No noso plan, PostHog conserva estes datos polo menos un ano. Non os cruzamos con nada nin os usamos para anuncios.

En meceluna.com/chatgpt, e só se aceptades, OpenAI recibe tamén que visitastes a páxina despois do seu anuncio e se tocastes «Descargar», con esas dúas cookies e os datos técnicos da visita (como o enderezo de internet e o navegador). OpenAI trátaos como responsable, segundo a súa política de privacidade. Nunca recibe nada do que anotades na app.

Por que podemos facelo

A cookie, só co voso permiso (artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e artigo 6.1.a do Regulamento Xeral de Protección de Datos). O reconto sen cookies de quen a rexeita é medición de audiencia sen nada gardado no voso navegador, polo noso interese lexítimo en saber que partes da web serven (artigo 6.1.f).

Como demostramos o voso permiso

Cando aceptades, PostHog garda ese momento coa versión do aviso que vistes, xunto aos datos de visitas. Se algunha vez cambia o que pedimos, cambia a versión e volvémosvos preguntar.

Cambiar ou retirar o permiso

Cuando queráis, aquí mismo: Si la rechazáis, borramos la cookie en ese momento. También podéis borrar las cookies y los datos de meceluna.com desde vuestro navegador: Chrome, Safari, Firefox o Edge.

A app

A app non usa cookies. O que conta, e só se llo permitides, está en Privacidade.

Para cualquier duda, escribid a . También podéis reclamar ante la Agencia Española de Protección de Datos (aepd.es).